Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Tradfest enche Compostela de música e baile tradicional

O Tradfest enche Compostela de música e baile tradicional

A tradición rexorde nun ano marcado pola poesía popular oral recoñecida no Día das Letras

Baiuca pecha o festival cun concerto na praza da Quintana

G24.gal 27/07/2025 20:46

O parque de Bonaval acolleu esta tarde a músicos e bailadores que fan súa a cultura tradicional á hora de conservala e reinterpretala para o público contemporáneo. Esta nova edición do Tradfest en Compostela deixou na cidade unha ducia de concertos, ruadas e conversas arredor da cultura popular.

"A min sempre me gusta dicir que cando estou nunha foliada síntome, por un momento, parte da historia. É moi importante escoitar esas coplas tan bonitas, ver como se tocan os instrumentos con esa sabiduría que pasou de xeración en xeración e eu poder participar a través do baile. Sempre é unha forma de ter un ocio moi positivo que nos conecta moito con quen fomos algunha vez", explica un bailador

Nun ano marcado pola poesía popular oral e o recoñecemento das cantareiras no día das Letras, pode sentirse un rexurdir da tradición entre as xeracións máis novas. 

"Son moi feliz de ver que cada vez hai máis xente que se suma entre a mocidade e a rapazada. E lévase con moito máis orgullo e iso é a receita para que isto perviva", di Icía Kirk, voz e percusión de "Xiro" que actuou hose o festival

"A música é un sentimento para min. Se vas a Sevilla e preguntas quen sabe bailar sevillanas, levanta todo o mundo a man. Ti se vas a Galicia e preguntas quen sabe bailar baile galego, da clase levantan a man dous ou tres. Hai que cambiar iso"

"Había unha xente que estaba máis preto do folclore pero agora iso xa rachou e agora simplemente todos os nenos e a infancia goza dunha pandeireta e o folclore porque entrou de cheo nos colexios grazas a esa data sinalada", di María López, de "Faltriqueira".

Baiuca chega co seu "Barullo" para pechar esta edición do festival na praza da Quintana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade