Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trescentos músicos fixeron soar a gaita a 1.800 metros de altitude

Trescentos músicos fixeron soar a gaita a 1.800 metros de altitude

Tocaron no cumio de Cabeza de Manzaneda

Hoxe celebrouse a décimo sexta edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

G24.gal 27/07/2025 19:35

Co himno de Galicia, soando a 1.800 metros de altitude, arrincaba esta nova edición do certame celtibérico de Bandas de Gaitas, mentres os xuíces izaban as bandeiras participantes.

Xosé Luis Foxo, director e creador do certame: "Destacar que este é un foro didáctico onde o máis importante non é competir, senón participar".

Trescentos músicos chegaron á fase final, todos de agrupacións galegas pero algúns con historias de fóra, como Eduardo, de Riós, que botou parte da vida en Bilbao estrañando a terra cada vez que sentía unha gaita.

"É unha cousa que, cando estás fóra, é cando máis a botas en falta. Cando a escoitas, porque lévalo dentro, nas veas", di Eduardo.

Para Nerea, nacida fóra, Galicia e a gaita foron unha vía de escape e, incluso, de curación.

"Foime moi bo, porque tiña algo de ansiedade e a banda deume moitas alegrías. A música é vida, como di o profesor", explica Nerea.

Quince bandas competiron na derradeira fase do certame. Os xuíces valoran afinación, interpretación, percusión e estética, pero o prioritario para os participantes é a convivencia e a aprendizaxe. "É unha marabilla, poder compartir este espacio con toda esta xente tan marabillosa que toca, moitos artistas, xente maior, nenos pequenos. É unha marabilla, ver tanta xente xuntarse", asegura unha das participantes.

Tamén houbo competición de gaiteiros solistas, o máis noviño de só oito anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade