Decorar a casa reutilizando mobles de segunda man
Valórase que estean en bo estado e que o material sexa de calidade
Por diferenciarse, por aforro ou por conciencia medioambiental son algúns dos motivos que explican a elección
Tendas, feiras e mercados son espazos en que mergullarse se queremos decorar a casa reutilizando mobles usados.
"Cada vez hai máis demanda do moble de segunda man. A xente perdeu o medo xa a compralo", asegura Óscar Montero, xerente da tenda de segunda man Troconor de Oleiros.
A arquitecta galega Ana Blanco, a través de Instagram, aplica claves para facerse con pezas únicas a prezos asequibles.
"Se é un moble grande como un sofá digamos que ten que ser máis, pero en mesas e cadeiras sobre os 50 ou 100 euros podes encontrar cousas moi interesantes", asevera.
Ela mesma decorou a súa casa recorrendo a webs de compravenda. Dos mobles de segunda man valórase que estean en bo estado e que o material sexa de calidade. Por diferenciarse, por aforro e tamén por conciencia medioambiental son os motivos que levan a mercar este tipo de mobiliario. Xa sexa para amoblar ou para renovar os mobles no fogar.