Cargando resultados...
As modas do Nadal: da austeridade ao éxtase lumínico
Ata os anos setenta non empezou a estenderse o costume de decorar as vivendas polo Nadal
As luces led revolucionaron o alumeado nas cidades
A nivel doméstico, este ano lévanse as bólas XXL e as cores rústicas
G24.gal
13/12/2025 15:30
Todas as cidades galegas locen xa a súa iluminación de Nadal e a decoración propia destas datas chegou tamén á maioría dos fogares. Este ano lévanse as bólas ben grandes, cores rústicas e luces douradas. Porque no Nadal tamén hai modas, e as de hoxe en día nada teñen que ver coas que se levaban hai 20 ou 30 anos e que rescatamos do noso arquivo histórico.