Publicador de contidos

Publicador de contidos

As chiscadelas dos grandes artistas a Galicia

As chiscadelas dos grandes artistas a Galicia

Rosalía fai unha referencia á nosa terra no seu último traballo

Madonna, Julio Iglesias ou Manu Chao tiveron xestos similares

G24.gal 06/11/2025 21:38

A filtración de Reliquia, o segundo tema do novo disco de Rosalía, deixou unha chiscadela á Coruña. Na canción lembra un concerto na cidade herculina onde cortara a melena. Pero non é esta a primeira nin moito menos a única referencia que grandes artistas lle dedicaron á nosa terra.

O amor dos grandes artistas por Galicia vén de lonxe. Cando aínda nin existían as redes sociais, xa Madonna fixera viral a camiseta do Celta. Foi nun concerto en Vigo, hai xa 35 anos, onde a Raíña do Pop defendeu o orgullo dunha cidade. 

A conexión co fútbol e con Galicia tamén foi a fórmula do éxito de C. Tangana. Con Oliveira dos cen anos, o himno do centenario do Celta, traspasou fronteiras e gañou o dereito a loitar por un Grammy Latino. 

Outro dos idilios máis coñecidos ten A Coruña como protagonista, esa cidade que lle gusta a Manu Chao. A súa música visitou frecuentemente Galicia, esa terra onde atopaba o seu refuxio e tamén as súas raíces. 

Da Coruña namorou Amaral, das súas praias, en especial de Riazor, á que lle cantou convertida en icona do pop rock nacional.  

Ou Julio Iglesias. A Galicia, ao seu pai, e á súa terra.

Hai tamén outros artistas que desvelaron o seu amor polo noso, como os desexos de Sebastián Yatra de ser galego, o anhelo do pianista James Rhodes de vivir en Galicia, ou o soño do luso Salvador Sobral de ser o alcalde dunha vila galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos