O Gran Museo Exipcio en Giza brilla na súa noite inaugural
Ata 39 xefes de Estado, reis, entre eles Felipe VI, príncipes e otras 40 delegacións de diversa entidade participan este sábado na inauguración do GEM
A idea xurdiu en 1992, púxose a primeira pedra en 2002, comezou a construirse en 2005 e rematouse en 2023
O coste do proxecto supera os 1.000 millóns de dólares
A cerimonia de apertura do Gran Museo Exipcio (GEM) arrincou este sábado na meseta das pirámides de Giza; un evento que mestura imaxe e música en directo con mensaxes pregrabados e desfiles de figurantes inspirados no Antigo Exipto e os seus faraóns en diversos escenarios repartidos polo enorme complexo cultural.
A cerimonia arrincou á 19.00 hora local, xa de noite pechada no Cairo, con música pero tamén co voo de avións sobre as pirámides e o museo con pancartas nas que se podía ler o lema "Benvidos á terra da paz".
Inauguración do Gran Museo en Giza. Imaxe: France Press
Na presentación do acto, o primeiro ministro da República Árabe de Exipto, Mustafa Madbuli, salientou que a inauguracion do Gran Museo Exipcio é "un evento único en todos os sentidos" e un "soño que se logrou facer realidade" para converterse na mensaxe "que Exipto quere proxectar ao mundo".
As autoridades exipcias non ofreceron aos medios información sobre o evento, quixeron manter o misterio ata o momento de retransmitilo en directo. Os xornalistas que acudiron á presentación non teñen acceso directo á cerimonia nin aos invitados, entre os que se atopan 39 xefes de Estado, reis e príncipes de todo o mundo, así como representantes doutros 40 países.
El Rey, junto al presidente de la República Árabe de Egipto y los jefes de Estado y de Gobierno invitados a la ceremonia de inauguración del Gran Museo Egipcio (Giza).
— Casa de S.M. el Rey (@CasaReal) November 1, 2025
➡️https://t.co/ohzJGOwbaZ pic.twitter.com/BJlmJszHAs
O edificio de cristal do museo de Giza. Imaxe: EFE/ Edgar Gutierrez e Muhamed Hossand
O Gran Museo Exipcio de Giza é o máis grande do mundo dedicado a unha sóa civilización
O museo ocupa unha superficie de 500.000 metros cadrados, o dobre que o Museo do Louvre e dúas veces e media máis que o Museo Británico, dos cales 167.000 metros están edificados. O museo está situado a dous quilómetros ao oeste das pirámides de Guiza, na beira occidental do rio Nilo.
O museo expón máis de 100.000 pezas do Antigo Exipto, unhas 20.000 delas nunca foran expostas ao público, forman parte da colección do museo, o maior do mundo dedicado tan só a unha soa civilización. Tamén conta cunha galería de 7.000 metros cadrados consagrada a Tutankamón
Imaxe da inauguración: EFE/ Edgar Gutierrez e Muhamed Hossand
A idea xurdiu en 1992, púxose a primeira pedra en 2002, comezou a construirse en 2005 e rematouse en 2023
Tras a idea de construir o Gran Museo en 1992, foi no ano 2002 cando se anunciou un concurso público de arquitectura para o deseño do edificio. Os organizadores recibiron 1557 solicitudes de 82 países, converténdose no segundo concurso de arquitectura máis solicitado da historia. Os vencedores foron os arquitectos irlandeses Heneghan Peng, Buro Happold y Arup.
A primeira pedra colocouna en 2002 o daquela presidente de Exipto, Hosni Mubarak. En 2005 comenzaron as obras e deuse por concluído o proxecto en 2023.
Exteriores do Gran Museo Exipcio este sábado ao inicio da inauguración. EFE/ Edgar Gutierrez e Muhamed Hossand
Inauguración retrasada varias veces
Cando comenzaron as obras os máis optimistas falaban dunha inauguración en 2012. Posteriormente de 2020, pero atrasouse por mor da pandemia. Logo falouse de 2021 pero logo se descartou porque as obras non estaban finalizadas e tamén era necesario transportar estatuas e pedras arqueolóxicas; a loxística era complicada.
Posteriormente parecía que o ano seguinte ía ser o definitivo para a inauguracións: o 2022, 2023, 2024, ata chegar a xuño de 2025, pero esta inauguración tamén se cancelou por mor da guerra de Israel e Irán.
Finalmente o o 6 de agosto de 2025 o primeiro ministro exipcio Mostafá Madbouly anunciou que o museo se inauguraría o 1 de novembro de 2025.
Foro de Familia dos mandatarios de todo o mundo que acudiron a inauguración en Giza. Reuters