O galego Miguel Leiro recibe da raíña o Premio Nacional de Deseño
Distinguírono na modalidade de Xoves Profesionais do Deseño
"A intelixencia humana é insubstituíble", destacou dona Letizia
Posa Miguel Leiro a carón da raíña co seu premio na man, un dos 14 Premios Nacionais de Innovación e Deseño.
"É insólito que neste Patio dos Austrias do Palacio do Pardo se concentre tanto talento", celebrou dona Letizia
A maioría destas distincións son honoríficas, pero o deseñador galego leva 30.000 euros na súa modalidade, a de Xoves Profesionais do Deseño.
Miguel Leiro Fernández-Cuesta, fillo do escultor Francisco Leiro, licenciouse en Deseño Industrial en Nova York. É tamén comisario e educador.
"Considero que un sempre debe tentar estar educándose todos os días, mentres poida, lendo, investigando, preguntando...", dixo Miguel Leiro
O xurado destacou do deseñador galego a súa habilidade para tecer redes e para conectar novos talentos co público.
"Sinto que os avances tecnolóxicos nos fan moi eficaces no mundo laboral, pero tamén nos fan moi adictos a esas plataformas: teléfonos móbiles, redes sociais... Podemos facer un esforzo de repensar estes momentos nos que estamos desconectados, e de aí atopar esta beleza", propón o deseñador galego
"A intelixencia humana é insubstituíble", concluíu a raíña.