A música e o baile tradicional brillan no festival folk do Corgo
A Festa Folk no Río Chamoso celebra a vixésima edición destacando o papel esencial que teñen as novas xeracións na pervivencia da música e do baile galego
O concello do Corgo celebrou esta fin de semana a vixésima edición da Festa Folk No Río Chamoso, un festival no que se enxalza a música e o baile tradicional.
Na organización do evento está a Asociación Cultural A Legua Dereita. O seu presidente, Roberto Besteiro, reslatou a importancia de que os máis novos aprendan este tipo de cultura, "xa que son esenciais para a perivencia da mesma", comentounos.
No festival acturaon grupos como Shenanigans, Duo Epok, A Chocolateira da Pontenova e a propia asociaición cultural A Legua Dereita do Corgo. Para o seu presiedente este festival tamén "supón a oportunidade de que os veciños coñezan o que estamos facendo".