O mosteiro de Oseira, escenario máxico para Carlos Núñez
A igrexa do espectacular cenobio é un dos espazos elixidos polo gaiteiro na súa xira de Lugares Máxicos
Acompañouno a banda de gaitas de Cea
A igrexa do mosteiro cisterciense é o escenario deste espectáculo que congrega público achegado de toda Galicia, de fóra da comunidade e do propio mosteiro, habitado aínda polos monxes.
"Antes de nada, un gran aplauso para os pais franciscanos que viven neste mosteiro e que están aí arriba", saúda Carlos Núñez ao comezo do concerto.
Oseira é un dos singulares espazos escollidos por Carlos Núñez para a súa xira de lugares máxicos, pola súa sonoridade e polo ambiente que envolve a músicos e espectadores.
"Este lugar é para nós moi especial. Xa o coñecemos desde hai uns anos. Sentiredes unha enerxía marabillosa", asegura Núñez ante o público.
O próximo concerto da xira será no pazo de Baión, o 24 de xullo.