Cargando resultados...
O traballo como protagonista da MICE
A Mostra de cine etnográfico do Museo do Pobo Galego desenvolverase do 28 de marzo ao 2 de abril en Santiago de Compostela
G24.gal
23/03/2022 07:22
A edición número 17 da MICE ten omo punto de partida o concepto de traballo. Contará cunha sección internacional competitiva con 14 títulos entre os que se atopan 3 con sinatura galega. A sección Impropias contará coa presenza da programadora búlgara Mariana Hristova que artellará o discurso sobre as relacións laborais en Europa do Leste.