Publicador de contidos

Publicador de contidos

O traballo artesán tras a percusión da música tradicional galega

O traballo artesán tras a percusión da música tradicional galega

Héctor Salgado leva máis de 15 anos recuperando e dando forma a pandeiros, pandeiretas e bombos dende o seu taller en Laza

Pezas únicas que levan ás raíces da música galega a distintos recunchos do mundo
G24.gal 14/05/2025 21:04 Última actualización 14/05/2025 21:36

As mans de Héctor traballan a madeira para construir o esqueleto do que será un pandeiro. Tras o seu traballo artesán, ademais de paixón pola música tradicional, hai anos de investigación, percorrendo aldeas, na procura de vestixios que lle permitiran recuperar sons case esquecidos.

Entre os seus achados o pandeiro de Cádavos, na Mezquita, un dos máis antigos de Galicia, datado a finais do século XIX.

No seu taller de Laza recupera instrumentos de percusión antigos pero tamén lle dá forma a novas creacións adaptadas ás necesidades e os novos materiais de hoxe en día.

Entre as súas achegas, un pandeiro que se pode afinar. Baixo o nome de Morenita Percusión Tradicional tamén fai a man pandeiretas e bombos. Pezas únicas que levan ás raíces da música galega a distintos recunchos do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade