Publicador de contidos

Publicador de contidos

O título de Patrimonio da Humanidade obtido hai 25 anos fixo que a muralla de Lugo fose más recoñecida

O título de Patrimonio da Humanidade obtido hai 25 anos fixo que a muralla de Lugo fose más recoñecida

Convertida nun símbolo da capital lucense, a fortificación romana atrae cada ano máis visitantes

Con máis de dous mil metros de adarve, o monumento está plenamente integrado na cidade

G24.gal 30/11/2025 14:33

Hai 25 anos recoñecíase a muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. É un dos monumentos que mellor identifica a capital lucense, e o recoñecemento da Unesco deulle máis pulo ao monumento.

A muralla romana ten máis de dous mil metros de paseo e cada anos atrae maior número de turistas amantes do patrimonio. 

Un ben Patrimonio da Humanidade que se mantén ao longo dos séculos e que xera vida ao seu redor. 

A Xunta di que os traballos de conservación da estrutura son "prioritarias"

Esta mesma semana o director xeral de Patrimonio Cultural salientaba que as intervencións no monumento son "prioritarias" para a Xunta de Galicia.

Segundo un estudo encargado pola Xunta a estrutura da muralla sofre diversas "patoloxías" relacionadas co seu estado de conservación. Neste momento están pendentes de adxudicación os traballos a realizar que van contar cun investimento estimado nun millón de euros. 

En concreto, o 17 de outubro pasado, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude abriu unha licitación para que se realicen as obras de conservación e recuperación da muralla, cun presuposto base de 1.020.214 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade