Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Tenerife esnaquiza o Breogán no terceiro cuarto 96-78

O Tenerife esnaquiza o Breogán no terceiro cuarto 96-78

G24.gal 09/04/2022 22:51

Derrota clara do Río Breogán na pista do Tenerife 96-78 nun partido que chegou igualado ao descanso co marcador 40-34 a prol dos locais; e que se decidiu no terceiro, gando os tinerfeños engancharon un parcial de 33-19 que rachou o encontro.

Salin foi diferencial nese intre con 14 puntos, ao igual que Shermadini durante todo o partido con 19 pts e 32 de valoración. No Breo os máis destacados Musa e Lukovic con 17 puntos cada un.

Coa derrota, os de Lugo quedan a unha vitoria do play off polo título pero cun partido máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade