Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tamaño das tapas, motivo de conflito entre os hostaleiros

O tamaño das tapas, motivo de conflito entre os hostaleiros

Falan de competencia desleal cando as tapas de cortesía son tan grandes coma as racións

Tapa de tortilla nun bar de Santiago
G24.gal 16/05/2022 15:09

 "Indubidablemente que sempre se mira un pouco". "Si, a xente vai pola tapa, si, si". "Digamos que se vou e non ma poñen, non volvo". "Hai guerra entre os que poñen máis e menos". "Hai locais en que independentemente que ti non consumas outra cousa, séguenche traendo tapas", opinan clientes. 

A tapa é unha tradición, pero tamén un gancho para captar clientes, e isto está xerando moita controversia no sector sobre cal é o tamaño e cantidade adecuados para acompañar unha consumición.

 "Eu penso que é unha cousa de sentido común, se ti vas dar unha tapa moi xenerosa, pois case se considera unha ración, e entón habería que cobrala", explica Sara Santos, hostaleira.

 "Se a xente non consome as racións, ao final o que facemos é perder cartos", di Beatriz González, encargada dun local de hostalería.

Neste local de Santiago poñen como mínimo dúas diferentes por cada consumición.

"E a xente vai comida, con dúas tapas que poño vai, e ás veces repiten a consumición para repertirlle outras dúas tapas, é un gancho á parte que é un gasto, é un gancho, sen ela non fariamos nada", apunta Soledad Iglesias, hostaleira.

A moitos hostaleiros non lles saen as contas.

"Algo se ten que notar no balance da factura, e entón pois igual se lle quita calidade ao produto principal da comanda", continúa Sara Santos.

 "Se non lles resultase beneficioso economicamente, nin á hora de atraer clientes, non o farían, os establecementos tampouco son parvos e non van facer cousas que os poidan prexudicar", opina unha rapaza.

"Agora mesmo é difícil baixar, pero deberiamos, porque nos custa moito soster todo", remata Soledad Iglesias, hostaleira.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade