Acoitelado un mozo na Alameda de Santiago tras unha liorta entre adolescentes
A lea xurdiu tras unha discusión entre un mozo e unha parella
A vítima recibiu dúas coiteladas á altura do abdome
O suposto agresor está a ser buscado pola Policía Nacional
A Policía Nacional investiga o acoitelamento dun adolescente na Alameda de Santiago de Compostela na tardiña do sábado. Segundo fontes da investigación, a agresión aconteceu a partir dunha lea entre un mozo e unha parella que se atopaban nesta zona céntrica.
Presuntamente, o mozo molestou a rapaza e, ao parecer, o rapaz que a acompañaba acaboulle asestando dúas coiteladas á altura do abdome ao outro mozo.
A vítima foi ingresada no complexo hospitalario de Santiago, mais a súa vida no corre perigo. A Policía Nacional continúa investigando o suceso e tratando de localizar o presunto agresor.