Publicador de contidos

Publicador de contidos

O subcampión de España de calistenia adéstrase na praia da Concha

O subcampión de España de calistenia adéstrase na praia da Concha

O arousán Eloy Fernández disputará en Italia o título mundial este mes de setembro

G24.gal 29/08/2022 20:26

Un vilagarcián é o actual subcampión español de calistenia e disputará este mes o título mundial en Italia. Da man de Eloy Fernández coñecemos un chisco máis sobre esta disciplina que gaña seguidores en Galicia. 

A divulgación deste deporte é outro dos obxectivos de Eloy Fernández, quen se adestra ao aire libre nesta modalidade baseada no control e no peso corporal para desenvolver a axilidade, a flexibilidade e a forma física. 

Varios deportistas desta modalidade forman parte da paisaxe da praia arousá da Concha. Agás que o tempo o impida, adestran todas as tardes ao aire libre dirixidos polo subcampión español de calistenia, Eloy Fernández. 

En Galicia hai media ducia de instalacións homologadas. No parque de calistenia de Vilagarcía, Elfo comparte cos seus compañeiros o seu material propio para ampliar unha práctica que require, antes que forza, moita técnica e autocontrol.

Dentro dun par de semanas, Elfo disputará en Italia o título mundial desta disciplina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade