Publicador de contidos

Publicador de contidos

O festival O Son do Camiño celebrarase nas datas previstas con algún axuste

O festival O Son do Camiño celebrarase nas datas previstas con algún axuste

G24.gal 12/06/2022 09:07 Última actualización 12/06/2022 09:30

A organización confirma que se manterá a celebración do festival. O Son do Camiño vaise celebrar nas datas programadas no Monte do Gozo, entre o 16 e o 18 de xuño, pero haberá axustes como consecuencia do accidente acontecido este venres.

Rematadas as inspeccións e a recollida de probas, os operarios traballaron durante todo o sábado na retirada da estrutura danada para iniciar canto antes a súa substitución polo novo escenario do evento. 

As persoas encargadas da investigación tentarán determinar as causas do accidente a partir dos informes redactados pola inspección. 

Os primeiros indicios apuntaban á influencia do vento no acontecido, pero tamén se están a estudar outros factores que puidesen influír no accidente. É unha investigación complexa e cando estea recollida toda a información poderán tirarse as primeiras conclusións.

Situación dos feridos

No complexo hospitalario de Santiago permanecen en situación estable os dous traballadores feridos graves ao caer parte do escenario que montaban. Un deles presenta un traumatismo cranioencefálico con prognóstico complexo, segundo informan fontes sanitarias.

Os outros catro feridos, de carácter leve, xa recibiron a alta médica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar