Cargando resultados...
Un dos operarios feridos na montaxe do Son do Camiño segue en coidados intensivos
Caeu desde unha altura de 20 metros e ten traumatismo cranioencefálico
Un segundo traballador pasou a planta para recuperarse das feridas

G24.gal
12/06/2022 13:51
O estado dos feridos neste accidente non presentou grandes novidades nas últimas horas. O que máis preocupa é o operario que está ingresado na unidade de coidados intensivos do hospital clínico universitario de Santiago.
Caeu desde unha altura aproximada de 20 metros e ten un traumatismo cranioencefálico cun prognóstico grave. Este hospitalizado e permanece estable. Outro dos seus compañeiros tamén está grave logo de que lle caera enriba o escenario.
Está ingresado en planta recuperándose e a súa evolución é favorable.