Cargando resultados...
O Servizo de Prevención de Incendios incorporou hoxe mil traballadores, que estarán operativos ata outubro
O Servizo de Prevención de Incendios incorporou hoxe mil traballadores, que estarán operativos ata outubro
Son fixos descontinuos que este ano estarán contratados oito meses

G24.gal
17/03/2025 19:49
Última actualización 17/03/2025 19:54
O Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios da Xunta incorporou hoxe mil traballadores que estarán operativos ata o 16 de outubro.
Son fixos descontinuos que este ano estarán contratados oito meses. A maioría deles, un 84 %, son bombeiros forestais, pero tamén hai vixiantes, operadores de datos e técnicos.
Estes efectivos súmanse aos outros dous mil traballadores que conforman o operativo autonómico que traballa na loita contra os incendios forestais.