Cargando resultados...
O Sergas renovará 738 contratos de persoal sanitario de reforzo para atender a pandemia
Parte deles ampliaranse por medio ano e o resto por un trimestre

Maite Teijido
18/11/2021 20:38
O Sergas acordou cos sindicatos renovar 738 contratos de persoal sanitario para atender as necesidades derivadas da covid.
Son parte dos contratos de reforzo que se fixeran durante a pandemia. Un cento deles, os de persoal de enfermería, ampliaranse 6 meses. O resto, que remataban entre este mes e o que vén, prorrogaranse tres meses máis.