Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas oferta 389 prazas nas oposicións que se celebran esta fin de semana

O Sergas oferta 389 prazas nas oposicións que se celebran esta fin de semana

Están convocados preto de 8.000 aspirantes

Este sábado ofértanse 251 prazas de pinche e de condutor 

O domingo son 138 prazas de seis categorías

G24.gal 07/05/2022 14:04 Última actualización 07/05/2022 14:19

Nova fin de semana de oposicións ao Sergas en Silleda. O Servizo Galego de Saúde oferta un total de 389 prazas. Hai preto de 8.000 persoas convocadas.

Os aspirantes a acadar unha das prazas que oferta o Sergas esperaban diante das portas do recinto de Silleda con certos nervios. A entrada aos pavillóns comezaba ás nove e media da mañá. Íanse enfrontar a un exame de case dúas horas e cun cento de preguntas.

Este sábado están convocados, entre a mañá e a tarde, un total de 5.420 aspirantes para a cobertura de 251 prazas de pinche e de condutor

O domingo continúan os exames. Uns 2.530 aspirantes están convocados para cubrir 138 prazas de calefactor, lavandeiro, logopeda, técnico superior de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, e traballador social.

Coa realización destes exames avánzase nas probas selectivas para cubrir un total de 680 prazas de 24 categorías e especialidades, que se iniciaron a finais de abril e que continuarán a vindeira fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade