Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta quere ampliar as prazas de enfermaría en Primaria ata ter unha por cada médico en 2030

A Xunta quere ampliar as prazas de enfermaría en Primaria ata ter unha por cada médico en 2030

A incorporación dos podólogos aos centros de saúde é outra das medidas coas que o Goberno galego quere avanzar no desenvolvemento do plan integral de reforma da Atención Primaria

 

Europa Press
G24.gal 20/07/2026 15:54 Última actualización 20/07/2026 16:24

 O Goberno galego avanza no desenvolvemento do plan integral de reforma da Atención Primaria e concretou unha serie de novidades, entre as que se atopa ampliar de forma paulatina as prazas de enfermería no primeiro nivel asistencial ata alcanzar a ratio dunha por cada médico de familia no horizonte de 2030.

Na mesma xornada na que se reúne a Mesa Sectorial, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou algunhas medidas que prevé impulsar a Consellería de Sanidade e que poñerá en coñecemento dos sindicatos para proceder á súa negociación.

"Un dos nosos obxectivos é que os sanitarios gañen tempo para facer o fundamental, que é atender os pacientes. E iso implica moitas cousas, como reducir a carga burocrática para mellorar a calidade asistencial. Hoxe seguimos avanzando coa proposta de planificación de Recursos Humanos de Atención Primaria que será de aplicación, cando sexa aprobada, no que resta de década", esgrimiu o presidente.

Así, indicou que o seu Goberno pretende "reforzar con novas prazas" as diferentes categorías, "especialmente nos centros de saúde e nos puntos de atención continuada (PAC)", que agora mesmo son "os que máis o necesitan".

Entre as novidades, igual que se incorporaron os dietistas-nutricionistas, o Servizo Galego de Saúde quere sumar os podólogos aos centros de saúde. Aspira así a "reducir os ingresos hospitalarios" que se producen por mor das enfermidades dos pés, que "son numerosos".

Ademais, co horizonte en 2030, o plan contempla crear unha praza de enfermería por cada praza de medicina de familia; mentres que no caso das matronas sería unha praza por cada 6.000 mulleres; e unha praza de farmacia e unha de Traballo Social por cada servizo de Atención Primaria.

Como obxectivos tamén a despregar no horizonte do plan, a Xunta contempla a creación dunha praza de fisioterapeuta por cada 12.000 tarxetas sanitarias asignadas; unha praza de odontoloxía por cada 25.000. Ademais, aspírase a incrementar o número de psicológos clínicos para chegar a 50 no ano 2030.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade