Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas estuda que outros profesionais médicos asuman parte da carga administrativa de Atención Primaria

O Sergas estuda que outros profesionais médicos asuman parte da carga administrativa de Atención Primaria

O conselleiro de Sanidade non quixo afondar na proposta "ata que non estea máis avanzada", pero explicou que sería semellante ao apoio dos farmaceúticos coa comunicación de positivos

G24.gal 10/01/2022 15:07

O conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña, admitiu o momento de extraordinaria presión que atravesa Atención Primaria derivado dunha cifra de 76.300 positivos. Dixo que, tal e como en anteriores vagas os farmaceúticos asumiron tarefas como a comunicación de positivos, o Sergas esta pensando agora "noutro persoal sanitario" para asumir tarefas administrativas para despexar o traballo persoal dos centros de saúde.

"Igual que como fixemos o verán pasado as farmacias poidan trasladar esa información a través deses sistemas de rexistro, estamos avaliando a posibilidade de que outros profesionais do ámbito médico poidan tamén axudar nesa función".

As proxeccións do Sergas  indican que a semana que vén o peor da sexta vaga no que re refire a infeccións quedará atrásO conselleiro de Sanidade confía en que avanzar nas doses de reforzo contribuirá a dobregar esta sexta vaga e explicou que agarda que esta mesma semana se lle dea luz verde na Ponencia de Vacinas á dose de reforzo para o grupo de 30 a 39 anos.

"O compromiso do Goberno de que vai revisar esta semana no relatorio de vacinas esa baixada na idade, de 40 cara abaixo. Galicia, se todo vai como ata agora, a finais desta semana remataría de vacinar a década de 40-49".

O 76 % da ocupación nos hospitais segue correspondendo á variante delta, que xa non é dominante, e isto constataría que ómicron non causa tantos ingresos. As UCI están estables e agárdase que os datos de planta melloren hoxe, tras a fin de semana en que non se tramitan altas. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade