Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas aborda unha reforma sanitaria que quere converter a atención primaria no eixe do sistema

O Sergas aborda unha reforma sanitaria que quere converter a atención primaria no eixe do sistema

2.400 médicos, 1.800 enfermeiros e 250 pediatras traballan nos PAC e centros de saúde de Galicia

Aumentar os recursos humanos é un dos principais desafíos do sistema para 2022

G24.gal 12/04/2022 13:34

O novo modelo que pretende solucionar as eivas que arrastraba desde hai anos a Atención Primaria e que afloraron na pandemia e camiñar cara a un modelo máis accesible e máis centrado no paciente. Desde a Dirección Xeral de Planificación falan precisamente de pasar dun modelo sanitario de rescate, co eixe nos hospitais, e que atende persoas con enfermidade en fase aguda a un modelo máis próximo e proactivo.

"Trátase de tentar que o propio paciente sexa consciente de que lle pasa, por que lle pasa e como pode intervir na súa saúde, para axudalo a que non chegue a desenvolver unha enfermidade", explica o enfermeiro Jorge Alcántara.
 

Na espiña dorsal da reforma está a parte organizativa e de xestión da demanda, o sistema XIDE, para que os pacientes sexan derivados directamente ao profesional que mellor os pode atender: matrona, odontólogo, fisioterapeuta, especialista en saúde mental, traballador social...

Ademais, cincuenta centros de saúde teñen xa instalada a tecnoloxía CRM-100, que garante que as súas chamadas terán resposta en cuestión de minutos.

"Estamos construíndo un novo modelo de Atención Primaria poñendo especial énfase en todos os problemas que detectaron os profesionais xa antes da pandemia e que se viron acentuados coas sucesivas ondas da covid", anuncia a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Estrella López-Pardo.
 

A dixitalización das historias clínicas axudará, por exemplo, a optimizar as visitas domiciliarias. Daráselles máis competencias aos profesionais para que afronten os problemas de saúde con proximidade e para iso a idea é incorporar á primaria moitas probas diagnósticas non invasivas.

"Transitar cara a un modelo en que a Atención Primaria poida vertebrar require fortalecer e transformar. E a atención primaria ten os seus problemas, temos un problema evidentemente de recursos humanos. Pero un camiño precisa un primeiro paso, e os primeiros pasos xa se deron", reflexiona o xefe de servizo de Atención Primaria na Estrada, Juan Sánchez.
 

Para este 2022, o Goberno anunciou unha taxa de reposición do 120 %: por cada cinco xubilados entre o persoal sanitario incorporaranse seis persoas a traballar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade