Publicador de contidos

Publicador de contidos

O serbio Aranitovic renova unha tempada co Breogán

O serbio Aranitovic renova unha tempada co Breogán

A súa renovación únese á anunciada recentemente do base croata Dominik Mavra

G24.gal 21/05/2025 11:37 Última actualización 21/05/2025 11:42

O aleiro serbio Aleksandar Aranitovic ampliou un ano máis, ata xuño de 2026, o seu contrato co Río Breogán, ao que chegou o verán pasado procedente do Cibona de Zagreb.

Formado no Estrela Vermella de Belgrado, o xogador balcánico debutou esta tempada na liga española tras o seu paso por Partizán (Serbia), Ada Blois (Francia), Heroes Dean Bosch (Holanda), Altyus Dzukija (Lituania) e Cibona (Croacia).

Na liga Endesa, Aranitovic disputou ata o momento 28 partidos coa camiseta celeste, cunha media de case 21 minutos sobre a cancha e unhas medias de 7.1 puntos e 4.1 rebotes por encontro.

A súa renovación únese á anunciada recentemente do base croata Dominik Mavra. Ademais, o capitán Erik Quintela ten un máis de contrato coa entidade lucense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade