Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector forestal fai inventario e pide apoio para transformar máis madeira en Galicia

O sector forestal fai inventario e pide apoio para transformar máis madeira en Galicia

Representa o 50 % da produción estatal de madeira, pero reivindica máis peso na industria de transformación 

As empresas do clúster presentaron esta mañá en Santiago o seu inventario e uníronse nunha declaración institucional para que os ciclos produtivos se pechen en Galicia

G24.gal 13/02/2024 14:21

O inventario forestal era, recoñecen, unha reivindicación histórica. Un diagnóstico de onde parte o sector para trazar a estratexia a futuro das grandes compañías, pero tamén dos negocios familiares.

Co 7 % da superficie forestal, Galicia produce o 50 por cento da madeira do Estado: 10 millóns de metros cúbicos ao ano e  20.000 empregos nun tipo de empresas que consideran estratéxicas, non só para a loita contra o cambio climático.

"Xeran valor para as comunidades rurais e fai que coiden o monte e se eviten os incendios porque a maior causa dos incendios non son as especies, é o abandono", dixo José Manuel Iglesias, o presidente do Clúster da Madeira e do Deseño.

Na reunión de hoxe, que foi clausurada polos conselleiros de Industria e Medio Rural, pediron máis celeridade na chegada dos fondos europeos estratéxicos destinados aos proxectos de transformación industrial.

"Hai que traballar na celeridade, na desburocratización,  para que eses fondos trasformacionais, os Next Generatión, cheguen ao tecido produtivo", declarou María Jesús Lorenzana, a conselleira de Economía Industria e Innovación. 
 

"Temos o sector da madeira de Galicia dicindo que fai falla un apoio das administracións públicas a ese tipo de proxectos", engadiu José González, o Conselleiro do Medio Rural. 

Puxeron de exemplo o proxecto en Palas de Rei da compañía portuguesa Altri para a creación de fibras téxtiles de orixe forestal, que calculan pode xerar 2.500 empregos no sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar