O sector do porco celta segue medrando e xa abrangue 140 explotacións
O sector do porco celta segue medrando e xa abrangue 140 explotacións
O pasado ano certificaron 179 toneladas de produtos cárnicos
O obxectivo é chegar a máis de 10.000 femias reprodutoras
Case 4.200 exemplares, 140 ganderías e 179 toneladas de carne certificada no último ano.
Son as cifras actuais do porco celta. Unhas cifras que non deixaron de medrar dende que en 1999 se puxo en marcha a recuperación desta raza autóctona galega.
O animal segue en perigo de extinción, pero os criadores confían en que o ritmo de crecemento ininterrompido permita saír canto antes desa situación.
Hoxe o porco celta abrangue todos os pasos de calquera sector gandeiro: Cría dos animais, sacrificio, comercialización en fresco e de produtos elaborados, libro xenealóxico e ata concursos morfolóxicos e de manexo.
Os métodos de crianza en extensivo e os proxectos de investigación e desenvolvemento xa están a dar o seu froito.
A vindeira semana vaise celebrar a Semana Verde de Silleda e os criadores de porco celta queren aproveitar ese escaparate para amosar que o seu sector xa están entre os referentes da gandería.