Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector da pesca reclama axudas urxentes para poder manter a actividade

O sector da pesca reclama axudas urxentes para poder manter a actividade

Advirten dun paro total a partir do luns se non hai medidas concretas

G24.gal 15/03/2022 15:00

Máis barcos amarrados a porto polos prezos do combustible e capturas que quedan na lonxa polo paro no transporte. En Burela só descargou un barco da volanta e para mañá están suspendidas as poxas previstas.

Situación similar no porto da Coruña. Hai dez barcos do arrastre amarrados e problemas para o resto de frotas que non poden dar saída ao peixe pola falta de transporte.

Nos mercados xa se nota a falta de produto. Din desde o sector que a situación é insostiblee reclaman axudas da Unión Europea e tamén medidas urxentes por parte do Goberno. Unhas demandas que os representantes do sector lle trasladaron nunha reunión ao Ministerio.

Desde a Xunta de Galicia apoian as súas demandas pero o goberno traslada a solución á Unión Europea.

Os representantes do sector da pesca advirten que de non contar con medidas concretas nuns días, o próximo luns toda a frota quedará amarrada a porto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade