Cargando resultados...
Comeza a notarse desabastecemento nos mercados e un aumento no prezo do peixe
O amarre de parte da frota xa deixa pegada
Menos peixe e algo máis caro
G24.gal
15/03/2022 13:47
Este martes xa son dez os barcos de arrastre da Coruña que están amarrados por mor dos prezos disparados dos combustibles e xa comeza a nortarse nos mercados. E ao haber pouco peixe, os prezos subiron.
Porén, os vendedores contan con que este mércores se agrave a situación porque é probable que non haxa peixe nos postos. E isto preocupa e fai actuar os consumidores.
Desde a asociación de armadores Pescagalicia explican que este martes houbo un 50 % de descargas menos que hai xusto unha semana.