Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector da automoción prepárase para a demanda de man de obra cualificada de SAIC

O sector da automoción prepárase para a demanda de man de obra cualificada de SAIC

Responsables de SAIC Motor visitaron os centros de formación de Ferrolterra e a rede de provedores

G24.gal 03/06/2026 14:44

Diego é alumno do Ciclo Superior de Robótica e Automatización do Centro de Formación Profesional Ferrolterra, un referente no sistema educativo de Galicia.

"Aquí é unha formación tanto teórica como práctica", explica este alumno do CEFP Ferrolterra.

É un dos centros que visitaron os responsables da empresa SAIC Motor nos últimos meses: "Estiveron moi interesados nos ciclos de robótica, de instalación e mantemento e de automoción", asegura Raquel Rodríguez, vicedirectora do CEFP Ferrolterra.

Unha formación específica que foi clave na súa aposta por Galicia: "Ten acceso a man de obra cualificada e unha rede de proveedores establecida e con capacitación", di José Antonio Galve, director de Márketing de MG Motor.

O interese da empresa é apostar por unha formación dual con prácticas tamén nas instalacións chinesas. "Adáptanse os perfis ás necesidades específicas da empresa. Hai empresas ás que lles pode interesar este tipo de formación dual intensiva", explica o Director de Automoción, Ramón Lucas. 

Os empresarios cren que o proxecto da multinacional chinesa terá un efecto arrastre en todo o tecido produtivo.

"Necesitamos apostar pola industria e temos un importante pasado e presente industrial que nos cualifica para desenvolver proxectos a nivel mundial", di Cristóbal Dobarro, presidente da Confederación de Empresarios de Ferrol.

E demandan programas intensivos de formación para conseguir os máis dun milleiro de postos cualificados que vai demandar a industria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade