Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sar acolle o gran derbi do baloncesto galego na ACB

O Sar acolle o gran derbi do baloncesto galego na ACB

O Breogán pretende certificar o seu pase á Copa e o Obradoiro precisa o triunfo para saír dunha complicada situación clasificatoria

G24.gal 23/01/2022 09:12

O Obradoiro busca no derbi un partido para recupera-lo sorriso e forza-la reacción. Deportiva e anímica. Logo de dúas derrotas e de complicar a súa sitiación na táboa, precisa dun triunfo que tranquilice e reconduza. Moncho insiste en que si é por gañas, por fame de vitoria.

Mais se reparamos no nivel defensivo. Aí está a ter un problema. Esta mañá traballaban arreo en Fontiñas. Porque nos últimos catro encontros o equipo encaixou máis de 90 puntos e por aí se lle están a escapar os partidos. Diagnóstico claro que contrasta coa fortaleza e o momento do Breogán.

O Breogán acepta o desafío obradoirista e confésase preparado para a batalla do Sar. A fronte das operacións e como estandartes do baloncesto galego na pista, dous irmáns.  Erik e Sergi Quintela, quenes deciden afrontar o reto coas súas armas. 

A principal ameaza breoganista vén de Bosnia, chámase Musa e lidera as clasificacións de anotación e de valoración da Liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade