O Salón de Alimentación do Atlántico reúne 300 empresas do sector en Silleda
O Salón da Allimentación do Atántico, Salimat, é unha das múltiples actividades que teñen cabida na Semana Verde de Galicia
Case 300 empresas do sector alimentario presentan os seu produtos en Salimat
Dentro da Semana Verde de Galicia, Salimat é o grande escaparate do sector alimentario e gastronómico. Case 300 empresas do sector, un 3% máis que o ano pasado, presentan aquí os seu produtos.
"Hai moita variedade e sempre che dan algo para probar e para coñecer cousas novas", di un asistente.
No Salón hai un área especilizada en novos produtos. 40 empresas presentan as súas innovacións gastronómicas, como por exemplo bombóns recheos de queixo e viño ou aceite infusionado con chocolate.
"As novidades, sempre probas cousas novas e entéraste das novidades que hai". "O que máis me chama a atención é o aceite. Haino bastante bo", din dúas asistentes
Ademais da venda directa aos consumidores, o Salón da Alimentación favorece tamén as vendas internacionais. As empresas do sector alimentario teñen a oportunidade abrir novos mercados presentándolles os seus produtos a 31 distribuidores de 15 países.