A Semana Verde de Silleda bate récord, con case 800 expositores
Alfonso Rueda destaca o potencial dunha mostra que soubo "reinventarse" e que supón "un gran escaparate" para a marca 'Galicia Calidade'
A 48 edición da Semana Verde bate récord de expositores con case 800. O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, pon en valor a potencia da mostra:
"Eu agordo que sexa a mellor edición. Probablemente esta sexa a feira pola que máis xente pase en catro días en Galicia", asegurou o presidente da Xunta
A feira está adicada ao sector primario pero ten tamén espazo para o turismo, a alimentación e a artesanía entre outros sectores.
"Esta feira, que non perdeu a súa esencia de sector primario, soubo reinventarse e ter aquí as grandes empresas galegas.", dixo Rueda.
Rueda definiuna como "un gran escaparate" para a marca "Galicia Calidade". Así o sinalou tras a inauguración da 48 edición deste certame, no estivo acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez.
Durante a súa intervención, subliñou tamén que esta cita foi protagonista dunha "gran transformación" nos últimos anos "que lle permitiu aumentar os niveis de participación, internacionalización e profesionalización".
A maquinaria e as razas autóctonas galegas son dous dos grandes atractivos desta mostra.