Publicador de contidos

Publicador de contidos

O risco de padecer unha adicción ás redes sociais afecta a un de cada tres adolescentes

O risco de padecer unha adicción ás redes sociais afecta a un de cada tres adolescentes

Seis de cada dez adolescentes en España dormen co móbil e máis do 98 % están nalgunha rede social

G24.gal 11/01/2022 21:30

Seis de cada dez adolescentes en España dormen co móbil e máis do 98 % están nalgunha rede social. Son datos dun estudo elaborado por Unicef España entre a mocidade de 11 a 18 anos. O risco de desenvolver unha adicción afecta a un de cada tres adolescentes.

O estudo, que analiza o impacto da tecnoloxía na adolescencia, sitúa nun 11 % os casos de adicción que poden derivar en problemas de saúde mental como a depresión.

Os expertos aconsellan previr reeducando para que o menor recupere o control. Aínda así, o estudo pon de manifesto a escasa supervisión parental, que só se dá no 29 % dos casos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade