Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán soña cos play off tras derrotar ao Manresa por 98-94

O Río Breogán soña cos play off tras derrotar ao Manresa por 98-94

Rasid Mahalbasic destacou con 13 puntos, 10 asistencias e 8 rebotes

G24.gal 14/04/2022 21:27

E hoxe tamén foi xoves de paixón baloncestística en Lugo...por que o Río Breogán non perdoa no Pazo.
Chegaba Manresa, terceiro clasificado, o equipo revelación, o máis vistoso da liga ACB...pero a maxia do Pazo foi demasiado para os homes de Pedro Martínez. 98 a 94 gañou o Rio Breogán. E iso que Manresa comezou mellor, dominando o primeiro cuarto 32 a 27.
Pero desde ese intre Breogan esmerouse en defensa e en ataque comportouse como un equipo coral....con seis homes anotando máis de dez puntos. A destacar...os 13 puntos, 10 asistencias e 8 rebotes de Rasid Mahalbasic e a aparición na parte final de Musa. 18 puntos, 27 de valoración. Manresa lanzou 46 triplas....pero faltoulle acerto. 14 vitorias suma Río Breogán, metido de cheo nesa loita por xogar os play-off polo título.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade