Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Reus elimina o Liceo nos cuartos da Copa de Hóckey

O Reus elimina o Liceo nos cuartos da Copa de Hóckey

O partido decidiuse na prórroga na que os cataláns estiveron moi atinados (1-4)

G24.gal 06/05/2022 20:09

O Liceo quedou eliminado polo Reus nos cuartos de final da Copa do Rei de hóckey a patíns (1-4) nun partido que se decidiu na prórroga. 

Foi un partido moi igualado, con empate sen goles na primeira metade. Na segunda, o Reus acertou na primeira situación de bola parada do partido co gol anotado por Juliá. Noutra falta directa empatou Jordi Adroher, que levou o partido ao tempo suplementario. 

Cando só se levaban 30 segundos da primeira parte da prórroga Compagno anotou o tanto que desequilibrou o partido. A partir de aí o Liceo non atopou situacións claras de ataque e o Reus sentenciou noutra falta directa na que repetiu Juliá. Contra o final Sergi Aragonés marcou o definitivo 1-4 que deixa o Liceo na cuneta nos cuartos de final, algo que non acontecía desde 2014.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade