Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barcelona non lle dá opción ao Liceo na final da OK Liga (6-0)

O Barcelona non lle dá opción ao Liceo na final da OK Liga (6-0)

Triunfo claro do conxunto catalán que queda a unha vitoria de erguer o título

G24.gal 16/06/2025 22:23

O Liceo terá que gañar os vindeiros tres partidos para para gañar a OK Liga. O Barcelona fíxose forte nos dous primeiros da serie final da competición e trae do Palau unha vantaxe clara (2-0). O segundo partido non ofreceu lugar a dúbidas cunha vitoria moi clara por 6-0. 

Antes do primeiro minuto Ferrán Font atopou un oco ao carón do casco de Martí Serra para marcar o primeiro do partido. Foi unha saída en tromba do Barça que anotou o segundo no minuto sete grazas a Marc Grau. Antes do descanso Xavi Barroso facía o terceiro. 

O encontro quedou visto para sentenza ao pouco de comezar a segunda parte con dous tantos en trinta segundos. Primeiro anotou Alabart nunha falta directa e logo foi Marc Grau o que poñía o segundo na súa conta particular. O ritmo do partido baixou moito nos últimos minutos cos dous conxuntos pensando no terceiro encontro que se xogará na Coruña pero acabou chegando un sexto gol marcado por Llorca. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade