Galicia suma un novo restaurante con Estrela Michelin e Retiro da Costiña, de Manuel García, consegue a segunda
Galicia suma un novo restaurante con Estrela Michelin e Retiro da Costiña, de Manuel García, consegue a segunda
Galicia suma un novo restaurante con Estrela Michelin e Retiro da Costiña, de Manuel García, consegue a segunda
O restaurante Simpar de Santiago logra a súa primeira estrela
En total son 17 os restaurantes galegos con estrela Michelin e tres deles con dobre distinción
Dúas estrelas Michelin recoñecen o labor que vén realizando en Santa Comba o restaurante Retiro da Costiña. Foi distinguido na gala celebrada este martes en Murcia, pouco tempo despois de recibir tamén o premio a mellor sobremesa de España.
Culminan así un 2024 moi especial no que o local cumpre 85 anos. Retiro da Costiña entra así no trío de restaurantes galegos con dúas estrelas, xunto a Culler de Pau no Grove e Camiño da Serpe, o restaurante de Pepe Vieira en Poio.
Distinguido xa cunha estrela Michelin desde 2008, Manuel Costiña únese a Javi Olleros e Pepe Vieira ao selecto grupo de cociñeiros galegos con dúas estrelas.
A outra novidade principal é que Galicia suma unha nova estrela Michelin: o restaurante Simpar, en Santiago de Compostela, con Áxel Smyth e Claudia Merchán. Smyth xa tivera a distinción co seu anterior proxecto Auga e Sal e agora repite na rúa do Vilar.
O Simpar, situado no número 47 da rúa do Vilar da capital galega, é o único establecemento de Galicia que se incorporou na nova Guía Michelin 2025. Recentemente logrou ademais ser distinguido como o restaurante que elabora os mellores callos de España.
Tal como destaca Michelin, os seus cociñeiros Áxel Smyth e Claudia Merchán defenden unha cociña "técnica e creativa", de raíces galegas, en constante evolución. "Os seus provedores teñen nomes e apelidos!", subliña.
Así que o balance son dezasete restaurantes en Galicia con estrela Michelin, e tres deles por partida dobre.
Para Serra de Outes foi unha distinción distinta: Estrela Verde para o Secadeiro, de Eva Guzmán e Fernando Rodríguez. Un galardón que recoñece os restaurantes máis comprometidos coa gastronomía sostible, cos produtos da terra e a cociña natural.
Do resto de España, foi protagonista Asturias, con casa Marcial, de Arriondas, como o novo restaurante con tres estrelas Michelin.
En total, son 291 os galardoados, apostando, principalmente, por cociñas innovadoras e todos referentes da gastronomía.
Repiten na lista con dúas Estrelas Michelin Culler de Pau, do Grove, e Pepe Vieira, en Raxó, e únese agora Retiro da Costiña.
Ademais de Simpar, unha Estrela Michelin teñen en Galicia os restaurantes Maruja Limón, de Vigo; Silabario, de Vigo; Eirado, de Pontevedra; Yayo Daporta, de Cambados; Solla, de Poio; Árbore da Veira, da Coruña; As Garzas, de Malpica; A Tafona, de Santiago de Compostela; Casa Marcelo, de Santiago de Compostela; O Pazo, de Padrón; Terra, de Fisterra, e Nova e Ceibe, de Ourense.
Pola súa banda, o restaurante O Secadeiro, situado na Serra de Outes (A Coruña), conseguiu unha Estrela Verde, distinción que destaca as prácticas sostibles.
"Atesouramos un horto propio, cun pequeno invernadoiro, e calculamos que o 80 % dos produtos cos que traballamos veñen da nosa contorna. Poñemos o foco especialmente no mundo vexetal e recuperamos legumes autóctonos, como o Lentellón de Banzas", destacaron os seus chef Eva Guzmán e Fernando Rodríguez.
Listaxe completa
Este é a listaxe completa das novidades de España na guía Michelin 2025:
-3 ESTRELAS:
Casa Marcial (Arriondas, Asturias)
-2 ESTRELAS:
A Levante (Chiclana de la Frontera, Cádiz)
Lú Cocina e Alma (Xerez);
Retiro da Costiña (Santa Comba)
-1 ESTRELA:
Ama (Tolosa, Guipúscoa)
Ibai (Donostia, Guipúscoa)
Ricardo Temiño (Burgos)
Simpar (Santiago de Compostela)
Ansils (Anciles, Huesca)
Casa Arcas (Villanova, Huesca)
Casa Nova (Sant Sanmartí Sarroca, Barcelona)
Citrus do Tancat (Alcanar, Tarragona)
Divinum (Xirona)
Esperit Roca (Sant Julià de Ramis, Xirona)
Fishology (Barcelona)
La era de los nogales (Sardas, Huesca)
MAE Barcelona (Barcelona)
Prodigi (Barcelona)
Teatro Kitchen & Bar (Barcelona)
Voramar (Portbou, Xirona)
Casas Colgadas Restaurante (Cuenca)
Faísca Bistró (Madrid)
Gofio (Madrid)
Epílogo (Tomelloso, Cidade Real)
Pabú (Madrid)
Sen Omakase (Madrid)
Velasco Abellá (Madrid)
La Casa de Manolo Franco (Valdemorillo, Madrid)
Blossom (Málaga)
Frases (Murcia)
Mesón Sabor Andaluz (Alcalá del Valle, Cádiz)
Origen (Carcaixent, Valencia)
Donaire (Adeje, Tenerife)
Il Bocconcino (Adeje, Tenerife)
Kamezí (Praia Branca, Lanzarote)
Muxgo (As Palmas de Gran Canarias)