O BCE rebaixa de novo os tipos de xuro 0,25 puntos, ata deixalos no 2 %
O Banco Central Europeo entende que se pode recudir o prezo do diñeiro porque "a inflación sitúase actualmente en torno ao obxectivo do 2 % a medio prazo"

O Banco Central Europeo anunciou este xoves unha rebaixa dun cuarto de punto os tipos de xuro que quedan situados no 2 %, o seu nivel mínimo desde finais de 2022, tras a sétima baixada consecutiva.
Tras a reunión do Consello de Goberno, o BCE informou este xoves de que reduce o prezo do diñeiro porque "a inflación sitúase actualmente arredor do obxectivo do Consello de Goberno do 2 % a medio prazo".
O BCE tamén recorta en 25 puntos básicos os tipos de interese das poxas semanais de refinanciamento, ata o 2,15 %, e a facilidade de crédito, interese ao que presta aos bancos a un día, ata o 2,40 %.
Cren desde do BCE nos próximos dous anos asistiremos a unha estabilización dos prezos, quizais máis baixos no caso da enerxía, e cun euro máis forte.
Falan os expertos do regulador europeo de que agardan que "a incerteza que rodea as políticas comerciais lastre o investimento empresarial e as exportacións, especialmente a curto prazo", pero que "o aumento do investimento público en defensa e infraestruturas apoiará cada vez máis o crecemento a medio prazo".
Di así que "uns ingresos reais máis altos e un mercado laboral robusto permitirán que as familias gasten máis". Isto, "xunto cunhas condicións de financiamento máis favorables, debería facer que a economía sexa máis resistente ás crises globais".