Publicador de contidos

O reloxo do Obelisco da Coruña volverá dar a hora

O reloxo do Obelisco da Coruña volverá dar a hora

O Concello encargou a reparación que se prevé dure unhas 11 semanas

G24.gal 04/11/2021 16:15

O reloxo máis emblemático da Coruña, mesmo por diante do de María Pita, o do Obelisco, volverá dar a hora como debe despois de anos avariado. O Concello xa encargou a súa reparación, que vai durar varias semanas.

Tras varios anos sen funcionar, este venres un equipo de 4 reloxeiros porase mans á obra para devolverlle a vida. O primeiro que van facer é avaliar os danos e ver como poden afrontar a súa reparación.

O luns desmontarán toda a maquinaria e farán tamén un inventario de todas as pezas por se tivesen que fabricar algunha nova. A partir de aí, contan que nun prazo de once semanas este emblemático reloxo do Obelisco volva dar as horas.

O desgaste e os danos na maquinaria deste centenario monumento do Cantón Grande acabaron pasando factura. Agora David Rodríguez, canda outros tres entusiastas, levarán a cabo a súa rehabilitación. "Nunca sabes o que vas atopar, pero si que ten moito desgaste", di David.

E nela contan investir arredor de once semanas. "Imos facelo ben, se rematamos en catro, pois mellor. A intención é que estea para o Nadal", explica.

A súa posta a punto enmárcase nun plan do Concello para recuperar os catro reloxos monumentais da cidade. Un deles é o de María Pita, que xa foi restaurado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade