O Real Madrid queda a un paso do título da ACB
O Real Madrid impúxose no terceiro partido da final da ACB ao Barcelona (81-66) e queda a un só paso do título de liga. O equipo branco demostra estar moito mellor que o seu rival, cun gran traballo defensivo facendo desaparecer ás estrelas do Barcelona.
Desde o primeiro cuarto (21-16) viuse un Real Madrid moi metido no partido. Ao descanso gañaba por sete puntos de vantaxe (46-39) cunha gran secuencia de anotación, unha diferenza que non fixo máis que incrementar no terceiro cuarto (66-53).
O Real Madrid dominou o rebote e en ataque tivo un xogo moi coral con Deck (14 puntos), Causeur (13), Tavares e Llull (10 tantos) ou Yabusele (9) ameazando constantemente o aro rival.
Se gaña o vindeiro partido rematará a serie. Sempre con Laso presente, este Real Madrid estase a amosar moi superior.