Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid non conseguiu sacar o seu arsenal ofensivo (1-2)

O Real Madrid non conseguiu sacar o seu arsenal ofensivo (1-2)

O último campión quedou eliminado nos cuartos de final da Liga de Campións nun partido condicionado pola goleada da ida a prol do Arsenal (3-0)

G24.gal 16/04/2025 22:29 Última actualización 16/04/2025 22:54

O Real Madrid non poderá loitar por revalidar o seu título de campión da Champions. Traía un 3-0 moi complicado de remontar do partido de ida en Londres e o Arsenal conseguiu aguantar o acoso madridista para meterse nas semifinais grazas ao 1-2 da volta. 

Puido poñerse moi costa arriba a eliminatoria cando no minuto 10 Raúl Asencio cometeu un penalti por unha agarrada nun córner. A execución de Saka resultou moi defectuosa e Courtois meteu unha man salvadora para manter o seu equipo con vida. 

Estivo precipitado o Real Madrid no primeiro tempo. Impetuoso pero con poucas ideas para superar a defensa inglesa. O momento da tolemia veu cun penalti asubiado polo colexiado nunha caída de Mbappé pero o VAR rectificou a decisión e a presión do público. 

Levaba o partido moi tranquilo o Arsenal no segundo tempo e no minuto 65 Saka parecía sentenciar a eliminatoria co primeiro gol do partido (0-1). Un minuto tardou Vinicius en igualar o resultado nun erro grave na defensa visitante. O Bernabeu volvía a bramar pero o xogo do equipo non acompañou esa intensidade. 

Para colmo de males Mbappé tivo que retirarse mancado no 75 cunha escordadura de nocello. No tempo engadido Martinelli aproveitou que o Real Madrid estaba entregado para marcar o 1-2 definitivo. Desde o ano 2020 o equipo branco non quedaba eliminado nunha Champions antes das semifinais. Non houbo fazaña, nin feitizo máxico do Santiago Bernabeu. O Arsenal quere a súa primeira Liga de Campións e enfrontarase a outro candidato a estrearse no gran torneo continental, o París Saint Germain. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade