Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo apela a Riazor para derrotar o Sporting na Champions de hóckey

O Liceo apela a Riazor para derrotar o Sporting na Champions de hóckey

Juan Copa considera fundamentais todos os partidos da casa para ter opcións de meterse na Final a 8

Os portugueses acaban de gañar o Mundial de Clubs

G24.gal 11/12/2025 08:57

O Liceo xoga este xoves (20:30 na G2) o terceiro partido da fase de grupos da Liga de Campións. Recibe o poderoso Sporting de Portugal, líder do seu grupo e que gañou no mes de outubro o Mundial de Clubs derrotando na final o Barcelona. 

O equipo galego tentará facerse forte na casa. Xa conseguiu gañarlle na primeira xornada ao Oliveirense. A derrota na segunda xornada na pista do Barcelos deixa claro que puntuar como visitante será moi complicado polo que as posibilidades de meterse na Final a 8 pasan por puntuar en Riazor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade