O Real Madrid déixase media liga ante o Xirona (1-1)
Mal partido dos brancos que reclamaron un posible penalti na prolongación a Mbappe
Gran gol de Thomas Lemar para os cataláns
De gañar o Fútbol Club Barcelona ao Espanyol a diferenza sería de 9 puntos con 21 por disputar
@realmadrid
O Real Madrid empatou (1-1) co Xirona no encontro adiantado á trixésima primeira xornada de LaLiga. Fede Valverde adiantou aos brancos no minuto 51 cun zapatazo desde fóra da área no que non estivo atinado o meta Gazzaniga e Lemar empatou no 62' con outro gran gol desde a frontal. Na prolongación Mbappé reclamou un penalti por un manotazo de Vitor Reis pero nin Alberola Rojas nin o árbitro de VAR consideraron á acción merecedora do máximo castigo.
O equipo branco atascouse na liña de tres cuartos e tivo moitos problemas para xerar perigo na área catalana. Os de Michel souberon sufrir na segunda metade , cun bloque baixo defensivo moi rocoso e que dificultou a circulación de balón do equipo de Álvaro Arbeloa.
O Real Madrid suma o seu terceiro partido sen gañar. Á derrota en Mallorca e fronte ao Bayern Múnic uniuse esta igualada que lle pode deixar a nove puntos do líder, o Barcelona, que recibe ao Espanyol.