Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing vence o San Fernando nun final eléctrico na Malata (3-1)

O Rácing vence o San Fernando nun final eléctrico na Malata (3-1)

Manzanara adiantou os locais no primeiro minuto, pero empatou axiña Aquino

Manel Martínez e Jaume Jardí, cambios de Cristóbal, resolveron sobre a bucina

Foto: @racingferrolsad
G24.gal 01/04/2023 21:40

O Rácing suma e segue e ante o San Fernando logrou a súa sétima vitoria nos últimos once partidos que leva invicto.

Os ferroláns tardaron un minuto en tomar vantaxe. Foi logo dun corner sacado en curto rematado por Manzanara no seu segundo tanto no campionato.

Respondeu de inmediato o San Fernando noutra xogada a balón parado. Esta vez nunha falta resolta por Dani Aquino.

O Rácing contou con claras oportunidades para marchar en vantaxe o descanso en remates de Manu Justo e Carlos Vicente rexeitadas de xeito magnífico por Perales, o home máis destacado do seu equipo.

De feito, nada máis volver do descanso, o meta balear volveu aparecer para rexeitar unha cabezada racinguista contestada polos gaditanos nunha contra levada por Chaira.

A falta dun cuarto de hora, Cristóbal moveu o banco dando entrada a Manel Martínez e Jaume Jardí que acabarían resultando determinantes no resultado final.

No último minuto, Manel, fillo de Manolo, lateral histórico do Barcelona dos 80, aproveitaba unha mala cesión de David Ramos para facer o dous a un e, de paso, marcar o seu primeiro gol co conxunto ferrolán.

E tres minutos despois, outra perda do San Fernando, acaba coa pelota nos pés de Caballé, outro dos incorporados, quen asiste a Jaume Jardí para que faga o tres a un definitivo. Esta vez o crédito do Rácing estaba no banco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade