Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Racing terá a primeira opción de ascenso directo no campo do Talavera

O Racing terá a primeira opción de ascenso directo no campo do Talavera

Unha vitoria do Racing e un empate do Alcorcón daría un ascenso virtual (non matemático) ao cadro ferrolán

G24.gal 15/05/2023 20:35

O Deportivo de Óscar Cano tocou fondo en Linarejos. Nunha segunda parte para esquecer recibiu tres goles que deixaron en nada os dous que marcara no comezo do partido. Os coruñeses levan tres meses sen gañar lonxe de Riazor, e dos últimos cinco partidos só cantaron vitoria nun.

A sensación absolutamente oposta é a do Racing. Na Malata xa acariñan o ascenso logo de chegar ao liderado remontando na casa e botando man da canteira. Quedan dous partidos, e o obxectivo non pode estar máis claro: o ascenso directo. Mesmo podería conseguilo a vindeira xornada. Un triunfo no campo do Talavera e a derrota do Alcorcón farían que o ascenso fose matemático. Si empata o cadro madrileño o ascenso estaría conseguido, aínda que de xeito virtual. 

A pelexa do Celta B vai continuar ata a última xornada. Logo de empatar a ceros co Alxeciras, os de Claudio Giráldez ocupan a última posición de promoción, son quintos con 58 puntos, os mesmos ca o Linares, sexto clasificado.

Quen xa queda á marxe de calquera conta ou pelexa é o Pontevedra. Os resultados do domingo converteron en inútil o empate do sábado ante o Unionistas en Pasarón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos