O Rácing perde en Mérida (2-1) e encadea tres xornadas sen gañar
Os galegos repuxéronse do 1-0 co empate de Escobar, pero Doncel volveu adiantar aos locais antes do descanso
Na segunda metade o Räcing xa non conseguiu marcar, e cae a parte baixa da táboa
Foto: @racingferrolsad
O Rácing segue sen endereitar o seu rumbo neste treito da temporada na Primeira RFEF. EN Mërida apañou unha derrota, terceira nos últimos seis partido, e cae da parte alta da clasificación.
FOi nun encontro que se complicou axiña. Aos once minutos adiantábase o cadro local por medio de Sofiane. Quedaba moito tempo, e o cadro departamental conseguiu refacerse. Antes da media hora empataba Escobar.
Pero o golpe chegou no tempo engadido da primeira metade. Xusto antes de marchar aos vestiarios, Doncel volvía adiantar aos estremeños.
Na segunda metade o marcador non se moveu, certificando unha nova derrota dun Rácing que cae outra vez dos dez primeiros postos. Ocupa o undécimo con 42 puntos, aínda que a situación non é tan mala como poida parecer pola enorme igualdade do grupo. De feito, o Mérida adianta aos departamentais cos tres puntos, e ascende ata a sexta praza, con 44.