Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing volve atopar o camiño da vitoria para soñar co play off

O Rácing volve atopar o camiño da vitoria para soñar co play off

Gañou en Lezama grazas a un gol de Chema Rodríguez e rachou a serie de cinco xornadas sen conseguir o triunfo

G24.gal 19/04/2026 13:58

O Rácing Club de Ferrol rachou a xeira de cinco xornadas sen gañar que o descolgaran dos cinco primeiros postos e mantén o fío de esperanza para acadar a promoción de ascenso despois de gañar no campo do Athletic B por 0-1. O temperán gol de Chema Rodríguez aos sete minutos de partido nun remate á saída dun córner valeu para festexar o triunfo. 

Xogou unha boa primeira metade o equipo de Guillermo Fernández Romo. Sen sufrir en defensa e cun par de achegamentos en ataque que lle meteron o medo no corpo á defensa do filial bilbaíno. 

No descanso o adestrador local meteu tres trocos e o Athlétic B pasou a ser o dominador total do partido. A secuencia de ocasións comezou cun remate cruzado de Álvaro Giménez pero a partir dese intre foron os locais os que ameazaron co gol do empate. Marcaron un gol no 59 pero o colexiado anulouno por fóra de xogo. Probouno en múltiples ocasións o Athlétic e gozou de dúas grandes ocasións nas botas do ex do Lugo Johaneko no tempo engadido pero non atopou a forma de superar a Lucas Díaz, porteiro que debutaba baixo os paus do Rácing. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade