Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing garante a permanencia e soña coa promoción (1-0)

O Racing garante a permanencia e soña coa promoción (1-0)

Triunfo chave para a loita polos postos altos da táboa

Nico Serrano foi o heroe local cun golazo para sumar os tres puntos

G24.gal 31/03/2024 18:11

O Racing de Ferrol insiste en facer soñar os seus afeccionados, aínda que Cristóbal Parralo non queira falar de nada máis que de certificar a permanencia. Esta vez, os ferroláns impuxéronse ao Elxe, un dos equipos que mellor dinámica tiña na categoría e que non puido case xerar ocasións na Malata.

A primeira metade foi igualada, os visitantes tiñan máis o balón, pero era o Racing quen chegaba con máis claridade aínda que sen acerto. Quedou un empate sen goles tras os primeiros 45 minutos. Na segunda metade, a dinámica mantívose ata o minuto 65, en que Nico Serrano, cun gran golpeo coa zurda, adiantaba os locais e desataba a euforia no público que acudiu á Malata.

Tras o gol local, o partido abriuse máis, pero os de Parralo non sufriron en exceso atrás e tampouco aproveitaron as saídas ao contragolpe. Quedou o resultado nese 1-0 que deixa o Rácing sétimo, a un só punto da promoción e a catro do ascenso directo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade