O Rácing perde o seu primeiro partido en Fuenlabrada (1-0)
Un solitario gol de Iban Salvador na primeira parte resultou decisivo
O Rácing presentábase como líder invicto no Fernando Torres, pero o Fuenlabrada soubo xogar mellor as súas cartas e acabou coa serie vitoriosa dos ferroláns, nun partido que se decidiu por un gol solitario de Iban Salvador.
O partido comezou sen que ningún dos equipos fora quen de impoñerse. O Fuenlabrada agardaba atrás, e o Rácing non atopaba o camiño da área rival. Aos poucos, os de Cristóbal foron facéndose con algo máis de control sobre o xogo pero, mediada a primeira metade, encaixaban o golpe local. Foi nunha contra moi ben levada polo equipo madrileño. Que culminaba cun remate de Iban Salvador que se envelenaba despois de bater en Jon García.
O panorama non mudou moito tras o descanso, aínda que Héber Pena dispuxo dunha boa ocasión nos primeiros minutos. A segunda parte deixou o debut do recentemente asinado Aitor Pascual na Primeira Federación co Rácing, xusto antes das mellores accións departamentais. Un gol anulado por fóra de xogo de Joselu no primeiro remate, e unha gran acción de Carlos Vicente que estrelou o balón no pau, non puidendo aproveitar tampouco Joselu o rexeitamento.
Pasaron os mellores minutos sen gol para os de Cristóbal e, no treito final, os madrileños conseguiron arrefriar o xogo dos galegos mentres quecían aos poucos os ánimos dos dous equipos con interrupcións do xogo e discusións. O marcador xa non se moveu, e o Rácing volve a Ferrol coa primeira derrota da temporada.